Tuesday 21 de May de 2024

O CIM de Riveira promove un obradoiro de camisetas comprometidas


A Concellería de Igualdade de Riveira a través do Centro de Información á Muller (CIM) puxo en marcha esta mesma semana un novo programa de promoción da igualdade titulado “Diferentes si, iguais tamén”.

Esta acción, cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, consiste nun obradoiro de camisetas comprometidas dirixido a estudantes de segundo de primaria de todos os centros educativos do municipios, ata completar un total de 15 grupos.

Cada obradoiro constará de 4 sesións de 100 minutos. Trátase de actuacións dirixidas a sensibilizar, previr e identificar a violencia de xénero mediante un proceso lúdico e didáctico.

Constará de 4 partes:

1. Primeira parte: Dinámico Falemos: Explicación teórica da temática sobre Igualdade de oportunidades, con apoio de contidos variados, orais e gráficos.

2. Segunda parte: Video fórum con situacións de discriminación or razón de sexo e violencia de xénero, permitindo aos e ás participantes facer preguntas e obter as aclaracións necesarias sobre as súas dúbidas.

3. Terceira parte: Taller de deseño de slogans favorecendo que as persoas participantes sexan creativas e críticas dende a perspectiva de Xénero,

4. Cuarta parte: Plasmarase o slogan nunha camiseta utilizando distintas técnicas.